lunes, 30 de mayo de 2016

Crónica deportiva día 30-5-2016

(Url da imaxe: https://tse2.mm.bing.net/th?id=OIP.M6d09e8ae6ab3527d3c4381c5fabd0f84o0&pid=Api)

El Real Madrid gana la undécima en Basilea en los penaltis.

domingo, 29 de mayo de 2016

Día da poesía...

DÍA DA POESÍA

A bibliotecaria da clase e a xornalista da clase propuxeron diante dos seus compañeiros unha actividade de Lingua Galega, coa lectura de poemas en galego, na biblioteca do colexio.

Foi unha actividade moi animada na que se incluía a invención de poemas por parte do alumnado.









Na que tod@s participamos!! Moitas grazas!!

Exposición: "A Galicia de Manuel María"

A Galicia de Manuel María

O pasado martes 24 de maio tivo lugar una serie de actividades con motivo do Día das Letras Galegas, adicado ó poeta Manuel María. Deste xeito o alumnado de 5º e 6º Curso realizou actividades de diversa índole:

  • Na aula.
A través de exposicións, os nenos e nenas de 5º e 6º dividos en grupos, foron amosando ós seus familiares e amigos asistentes, como era a súa realidade diaria.




Ademais, amosaron os seus traballos de CCNN, situados entre a planta baixa e a primeira planta. Así como unha breve exposición dos mesmos.




Sen esquecer a figura do poeta Manuel María a través dun breve repaso pola súa biografía.






Un traballo moi laborioso, no que analizábase as diferentes vexetacións das diversas poboacións onde vive o noso alumnado, posto que Galicia está chea de contrastes, trouxemos unha visión resumida da mesma a través do traballo entre familia e alumnado:

A continuación unha breve mostra dalgúns dos traballos (por falta de espazo non é posible adxuntalos todos):







Sen esquecernos daquelas personas que nos apoiaron:



A representacións institucionais que nos acompañaron ese día: O director do CPI Virxe dos Remedios, a Alcaldesa de Castro Caldelas e a nosa titora.


  • A proxección da nosa filmación na aula Cemit.
Tralo traballo exposto na aula, dirixímonos ata a aula Cemit, onde Cristina e Óscar amosaron o traballo realizado a toda a comunidade educativa.






Pero eran eles os auténticos protagonistas, os alumnos e alumnas de 5º e 6º Curso de Educación Primaria, a Clase de Darth Vader.

Trala proxección, realizouse o sorteo da Cesta Galáctica, onde un neno inocente sacou o Número 108.
Marcial, o director do noso colexio foi o agraciado! Que sorte!


Así que a Alcaldesa de Castro Caldelas; Pilar, representante dos pais/nais/ titores que fixeron posible a elaboración desta cesta; xunto coa titora Cristina, fixeron entrega da mesma ó director.



  • Sendo, un día para lembrar, non só grazas ás notas de prensa que saíron despois:



  • E recoñecementos, no noso libro de firmas e valoracións da actividade: