"O bando"
Os alumnos/as de 5º y 6º da Clase de Darth Vader realizaron unha homenaxe ó poeta Manuel María, a través da interpretación do seu poema "O bando". Con música do grupo musical " A Quenlla".
Un traballo moi laborioso de varios meses, onde o traballo constante e o esforzo deu como resultado este breve "corto".
Os alumnado de 5º e 6º curso traballaron diversos aspectos, analizaron ensaios, probas de vestiario, gravacións exteriores, problemas de diversa índole, traballo cos sons, creación dun Storyboard e un guión... ata chegar, ó final, a realización dun traballo limpo e unha achega ó mundo cinematográfico a través da Educación Artística, sen sabelo.
Agora, trala Premiere realizada o pasado martes (para ó cal, os/as nosos/as reporteiros/as realizarán unha extensa crónica), se amosa un traballo de producción e postproducción elaborado con moito agarimo e de moitas horas, sen máis... Desexando que desfruten deste gran traballo.
Cristina Lage, a Editorial.

0 comentarios:
Publicar un comentario