domingo, 29 de mayo de 2016

Exposición: "A Galicia de Manuel María"

A Galicia de Manuel María

O pasado martes 24 de maio tivo lugar una serie de actividades con motivo do Día das Letras Galegas, adicado ó poeta Manuel María. Deste xeito o alumnado de 5º e 6º Curso realizou actividades de diversa índole:

  • Na aula.
A través de exposicións, os nenos e nenas de 5º e 6º dividos en grupos, foron amosando ós seus familiares e amigos asistentes, como era a súa realidade diaria.




Ademais, amosaron os seus traballos de CCNN, situados entre a planta baixa e a primeira planta. Así como unha breve exposición dos mesmos.




Sen esquecer a figura do poeta Manuel María a través dun breve repaso pola súa biografía.






Un traballo moi laborioso, no que analizábase as diferentes vexetacións das diversas poboacións onde vive o noso alumnado, posto que Galicia está chea de contrastes, trouxemos unha visión resumida da mesma a través do traballo entre familia e alumnado:

A continuación unha breve mostra dalgúns dos traballos (por falta de espazo non é posible adxuntalos todos):







Sen esquecernos daquelas personas que nos apoiaron:



A representacións institucionais que nos acompañaron ese día: O director do CPI Virxe dos Remedios, a Alcaldesa de Castro Caldelas e a nosa titora.


  • A proxección da nosa filmación na aula Cemit.
Tralo traballo exposto na aula, dirixímonos ata a aula Cemit, onde Cristina e Óscar amosaron o traballo realizado a toda a comunidade educativa.






Pero eran eles os auténticos protagonistas, os alumnos e alumnas de 5º e 6º Curso de Educación Primaria, a Clase de Darth Vader.

Trala proxección, realizouse o sorteo da Cesta Galáctica, onde un neno inocente sacou o Número 108.
Marcial, o director do noso colexio foi o agraciado! Que sorte!


Así que a Alcaldesa de Castro Caldelas; Pilar, representante dos pais/nais/ titores que fixeron posible a elaboración desta cesta; xunto coa titora Cristina, fixeron entrega da mesma ó director.



  • Sendo, un día para lembrar, non só grazas ás notas de prensa que saíron despois:



  • E recoñecementos, no noso libro de firmas e valoracións da actividade:











0 comentarios: