5º e 6º Curso visita o Concello de Castro Caldelas
Ola de novo, o pasado xoves 5 de Maio visitamos o Concello de Castro Caldelas e participamos nun pleno no que lle fixemos preguntas á nosa alcaldesa, en canto ós Rogos e Preguntas:
Excelentísima alcaldesa:
1. Lua : Cambiou moito a economía co cambio de moeda ? -Cambiou bastante e noto moita diferenza.
2. Luis: Por que antes había un rei e agora hai un presidente ou alcalde ? - Porque os tempos cambian e xurdiu, co paso do tempo a Democracia e diferentes tipos de monarquía foron aparecendo, o primeiro presidente apareceu na Primeira República en España.
3. Sofía: Faise algún pleno no castelo?- Si por algunha extensión do mesmo, si, previa solicitude.
4. Ainur: Canto tardaron en construir o castelo?- Non se sabe exactamente porque foi reconstruido varias veces.
5. Marzo: Cambiou moito a organizacion política ,social,económica dende o sistema feudal en Castro Caldelas?- Si cambiou moito e o podemos observar no día a día.
6. Alejandro: Como era para vostede, segundo a súa opinión, o sistema feudal?-Non era bo.
7. Lucía: Cal é o lema de Castro Caldelas?- Unha bica, un bico.
8. Iker: Castro Caldelas aporta unha parte os sectores primarios?-Si,o sector vacún é o motor da comarca pola carne.Hai que coidar os prados con maquinaria como tractores.
9. Camilo:Castro Caldelas recibe moito turismo polo seu castelo?-Si é o máis visitado da provincia.
10. Cristian:Tedes pensado mellorar a piscina pública de Castro Caldelas?-Si coa realización de diversas actividades ademais.
12. Alejo:Cal é o lugar onde hai máis xente traballando?-O concello,nel traballan máis de 40 persoas.
13. Nuria:Tedes pensado facer algún evento novo?-Si, a festa do viño e a da bica, entre otras moitas: cine no castelo...
0 comentarios:
Publicar un comentario